Letture

IL NOSTRO MANIFESTO IN GALIZIANO

 CARA UNHA REDE DE HORTAS DE PAZ

              Quenquera que, no respecto do ambiente, cultive a terra, traballa ademais pola paz. Tamén cando os conflitos poñen en risco a nosa supervivencia, e os chamamos por mor disto, hortas de guerra son sempre malia todo, hortas de paz.
              Neste momento da historia, no cal os alicerces mesmos da economía veñen sendo cuestionados e o concepto do que ten valor está a mudar até levar a considerar os terreos agrícolas como bens refuxio, é chegado o momento de botar a tecer unha rede entre nós todos que cremos que o traballo da terra de xeito orgánico é unha cousa boa e fermosa.
              Cómpre aprender de novo o abecé da nosa relación coa natureza. Por isto escomezamos coas hortas nas escolas: aulas abertas onde aprender unha maneira de estar no mundo pola cal, en lugar de simples consumidores, chegamos a ser creadores de vida, e na práctica dunha posible autosuficiencia  aprendemos o alento da liberdade interior. Un xardín, unha fraga, unha horta transforman a escola en algo vivo a coidar.
              Comezando polas escolas, estendemos a nosa atención ás hortas terapéuticas, hortas nos cárceres, hortas sociais: espazos onde se ten coidado das flores e das hortalizas descubrindo entramentres un lugar ideal onde enguedellar os lazos coa natureza, o ambiente e a comunidade, cultivando namentres a paz interior.
              Propoñemos a constitución dunha Rede de Hortas de Paz no intento de estar en contacto, intercambiar información sobre as distintas iniciativas. E tamén, mais non menos importante, decatarnos do pouco que estamos illados no xesto de cultivar o noso xardín común co humilde nome de terra.
 
 www.ortidipace.org
www.tecnologieappropriate.it
www.slowfood.it